lunes, 10 de septiembre de 2012

segunda edición do Festival de danza e artes do corpo de Ourense

A segunda edición do Festival de danza e artes do corpo de Ourense Corpo(a)terra involucra este ano a 33 artistas convidadxs.
 
A  programación comenzará todos os días as 20:00h na Praza de Santa Eufemia trazando diferentes percorridos a través do casco antiguo da cidade.
 
As Ourensanas, serán 4 compañías: Pisando Ovos, Patricia Varela, Paula Quintas, recén chegada de Londres e a cía trasPediante co seu espectáculo "Baleadas" en formato longo.
 
Actuarán ademais artistas internacionais, como a arxentina Xenia Tartari que presenta unha proposta que mistura claqué, voz e ritmos coa artista Sandra Varela en “La tapadera”. As cubanas, Cía Entremáns; e a irlandesa Liadan Herriot.
 
Haberá tamén un achegamento ao movemento dende outras disciplinas como o circo, coa proposta de Pablo Trasno; e dende unha vertente máis performativa-poética na proposta de nonou Edicións.
 
Ademais en corpo(a)terra 2012 haberá unha acción directamente dirixida hacia o espacio urbano a través do artista anti-urbano “Peri”, na praza de San Cosme, que dibuxará o seu mural inspirándose no ambiente e programación do festival. Abrirá o seu traballo o primeiro día de festival ás 21:30h na praza de San Cosme acompañado polo grupo  Cró!
Este ano, a festa fin de festival, será na praza San Cosme, coa finalización do graffiti iniciado por Peri. Un espectáculo de Improvisación composta por 5 músicos, 2 voces, unha VJ e 4 bailarínas ás que se irán sumando máis artistas do festival a modo de Jam session; a actuación da banda femenina The Teta´s Van e a foliada brindada pola asociación O Formiguinho.

1 comentario:

  1. Que ben que haxa baile tradcional, creo que é un festival moi completo e só lle faltaba esta disciplina.

    ResponderEliminar