sábado, 1 de octubre de 2011

Xornada de Portas Abertas Baile tradicional‏


Comeza o curso na Asociación O Formiguiño.

Para ir con bo pé, invitámosvos a unha Xornada de Portas Abertas para que nos coñezamos. 


O noso método pretende unha aprendizaxe do baile tradicional Galego, solto e agarrado, nocións de folclore, etnografía e traballo de campo nas distintas zonas da xeografía galega. Correccións e mellora do estilo postural e estudo e perfeccionamento da posición integral do corpo no baile de xeito individualizado.


Está dirixido tanto a persoas que xa teñen nocións de baile e queren mellorar os seus coñecementos e base, como a aquelas que comezan dende cero. Non se establece tampouco ningunha franxa de idade, pois as clases pretenden ser abertas e divulgativas.

Podedes vir todos cantos queirades.
As clases serán de hora e media os SÁBADOS pola tarde de 18 a 19:30 horas. 


O local que empregáremos será a Escola de Música Tradicional de Ourense Tras Bloque 8 - Baixo, (Barrocás - Ourense)


A MATRICULA é de 6€/ano. 
E a COTA MENSUAL de 10 €.


Como MESTRES contaremos con:


Pedro Manuel Alonso López (Albendeira  - Vigo)
Javier Garaloces Fernández (A Buxaina, O Fiadeiro -  Vigo/Ourense)


 A información do Curso, matricula e profesorado atoparédela no noso perfil Arc OFormiguiño.

Se preferides escribir ou chamar: oformiguiño@hotmail.com ou 684056580



ANIMÁDEVOS E VINDE A PROBAR!!




PD: É PASADELLO A CANTOS LLES POIDA INTERESAR