martes, 11 de septiembre de 2012

I OBRADOIRO DE PEITEADO TRADICIONAL

Obradoiro orientado a persoas relacionadas co folclore ou alleas a elo,que estean interesadas en aprender distintas formas de peiteado, aplicado no traxe tradicional ou para diferentes espectáculos.
Anímate a pasar un bo rato aprendendo!!!

Prezo: 10 euros
Monitora do obradoiro: Andrea Pino
Lugar: Centro Civico Colón (Rúa Colón,nº18, 3º), Ourense

Para máis información ou incribirse chamar aos teléfonos: 666 447076 (Lucía) 678 269087 (Andrea)
Ou visita o noso blog: asociacion-o-formiguinho.blogspot.com.es/p/contacto.html

AGARDÁMOSTE!
* A organización encargarase do material necesario para o obradoiro.
* É imprescindibe inscribirse antes da data de realización do obradoiro, para saber que material precisamos.

lunes, 10 de septiembre de 2012

segunda edición do Festival de danza e artes do corpo de Ourense

A segunda edición do Festival de danza e artes do corpo de Ourense Corpo(a)terra involucra este ano a 33 artistas convidadxs.
 
A  programación comenzará todos os días as 20:00h na Praza de Santa Eufemia trazando diferentes percorridos a través do casco antiguo da cidade.
 
As Ourensanas, serán 4 compañías: Pisando Ovos, Patricia Varela, Paula Quintas, recén chegada de Londres e a cía trasPediante co seu espectáculo "Baleadas" en formato longo.
 
Actuarán ademais artistas internacionais, como a arxentina Xenia Tartari que presenta unha proposta que mistura claqué, voz e ritmos coa artista Sandra Varela en “La tapadera”. As cubanas, Cía Entremáns; e a irlandesa Liadan Herriot.
 
Haberá tamén un achegamento ao movemento dende outras disciplinas como o circo, coa proposta de Pablo Trasno; e dende unha vertente máis performativa-poética na proposta de nonou Edicións.
 
Ademais en corpo(a)terra 2012 haberá unha acción directamente dirixida hacia o espacio urbano a través do artista anti-urbano “Peri”, na praza de San Cosme, que dibuxará o seu mural inspirándose no ambiente e programación do festival. Abrirá o seu traballo o primeiro día de festival ás 21:30h na praza de San Cosme acompañado polo grupo  Cró!
Este ano, a festa fin de festival, será na praza San Cosme, coa finalización do graffiti iniciado por Peri. Un espectáculo de Improvisación composta por 5 músicos, 2 voces, unha VJ e 4 bailarínas ás que se irán sumando máis artistas do festival a modo de Jam session; a actuación da banda femenina The Teta´s Van e a foliada brindada pola asociación O Formiguinho.